Homenaxe 1
ogalego@galicia.com

O INCIO, 31 de xaneiro de 2009: Homenaxe a Don Ángel

Era unha mañá con pinta de invernía no Hospital. Chovera ben pola noite e ameazaba volver a auga, moita humidade e algo de frío. Laura Celeiro e José Carlos Pereiro Vázquez ulitmaban os detalles e non se atreveron a poñer fóra a megafonía porque ás veces orballaba. Ás 12,15 comezou a misa. A igrexa estaba ateigada de xente. Oficiou o Vicario de Pastoral D. Luís Manuel Rodríguez Pérez xunto co párroco do Incio, Don Manuel. O señor Vicario transmitiu os saúdos do Bispo de Lugo e eloxiou a figura de Anxo. Ao final tamén fixo unha sentida intervención don Manuel.

A xente foi saíndo para o adro e rodeando o busto de Anxo cuberto coa bandeira galega que só deixaba enxergar as gafas do homenaxeado; e outros moitos nas escaleiras e na estrada. Comezou a tocar a banda de Paradela para principiar a segunda parte dos actos, a ver como quedou a figura? Comezaron as intervencións actuando de mantedora Dona Laura Celeiro pola Asociación Terras do Incio que foi presentando a todos os que falaron. Todos pouco pero moi sentido.

Falou en primeiro lugar pola parroquia de San Pedro Fiz do Hospital Xesús. E falou on moita emoción. E falou on moita emoción. Falou en segundo lugar Laura Celeiro, organizadora. Falou en terceiro lugar Luís López pola parroquia de Santa Cruz do Incio. Falou en cuarto lugar pola parroquia de San Pedro Juan Carlos González. Falou en quinto lugar pola parroquia de Trascastro Carmen Armesto. Deu as grazas o escultor Álvaro Pereiro e falou en nome da familia o afillado Anxo. Rematou o acto o Sr. Presidente da Deputación Xosé Ramón Gómez Besteiro

O escultor retirou a bandeira galega que cubría o busto e os presentes premíarono cun forte aplauso.

A banda interpretou o himno galego, coreado por moitos dos presentes. De seguido un grupo amplo de persoas púxose a cantar unha cantiga das preferidas de Anxo: a rianxeira.

E non choveu nada, o tempo axudou a que o acto fose máis lucido.

.

Luís e Carlos

Jesús, Laura e Carlos

Carmen e Jesús

Escultor, afillado e Presidente

Esquerda, o escultor, Álvaro, coa obra. E a placa á dereita.

Sr. Presidente da Deputación

O Zoqueiro facendo o saúdo que tiñan entre el e Anxo (brazo dobrado e man erguida)

O Zoqueiro coa Pilar, cuñada de Anxo

Foto da familia ao lado do Anxo

Á dereita, o irmán Manuel e as cuñadas Lina e Pilar.

E a xente despediuse de Anxo. Quedou só? Non, abriu a porta da Igrexa e púxose a contarlles contos aos novos viciños, vellos amigos seus:

m
E despois veu o xantar no Incio

Fotos: Bernardino González

Homenaxe 1
ogalego@galicia.com