![]() |
Homenaxe 2 |
ogalego@galicia.com |
O INCIO 31 de xaneiro de 2009: Homenaxe a Don Ángel (2ª parte)
Xa no pavillón do Colexio Ricardo Gasset do Incio esperaban ás 2h máis de 225 persoas (32 familiares ) que foron sentando por afinidades mentres a banda de Paradela interpretaba varios temas. E mentres se colocaban xa ían picando algo de chourizo e empanada. Na mesa da presidencia o irmán Manuel, as cuñadas Lina e Pilar, Laura Celeiro e os representantes das parroquias e do Concello. Había xente de moitos sitios. Estaban representados os tres partidos políticos do Concello: o PP (en representación do Señor Alcalde que non puido asistir o Tenente Alcalde Daniel Arias Jato, que estivo na mesa presidencial), o PSOE (Laura Celeiro, José Carlos Pereiro Vázquez, o senador Luís Ángel Lago), o BNG (Cosme Eladio Pombo, Delegado provincial, o portavoz Emilio Moscoso Rodríguez e a concelleira María Gallego Macedal). Como a el lle gustaría.
E comezaron a circular pratos de polbo no seu punto, e un moi rico pan da Pobra e viño mencía. Todo moi abondoso. Cando a xente se fartou de polbo, apareceron as fontes de carne ao caldeiro con patacas, tamén moi rica. E de sobremesa biscoito con requeixo. E non podía faltar o café. Talmente como os xantares da mata que outro amigo do Incio, Ánxel Fole, dicía que empezaban ás doce e acababan ás cinco. Pero a organización estaba en todo. Trouxeron un vídeo para proxectar unha retrospectiva de fotos do homenaxeado con música de fondo. Tamén mereceron o aplauso dos presentes.
E nova sorpresa, un equipo de son completo con animador incluído. E a xente coreou as cantigas. E comezou o baile. E volveu a banda. Toda unha festa como a el lle gustaba. Vese que os organizadores coñecían ben os seus gustos.
E alá polas seis da tarde a xente foise despedindo, gardando unha grata lembranza do que foi o seu cura e amigo. A memoria de Anxo, o cura do Incio, de Don Ángel non podía ter mellor homenaxe.
Agora, calquera que visite a Igrexa do Hospital pode ver que por alí pasou un cura que deixou na xente unha fonda pegada que o tempo vai tardar en borrar.
A comida: todos iguais, en harmonía, aquí non hai nomes para as fotos
![]() |
|
Fotos: Bernardino González |
Velaquí a crónica que se recolle no blog Terras do Incio:
![]() |
Homenaxe 2 |
ogalego@galicia.com |