Historia da familia
ogalego@galicia.com

Carmen e José (os pais) e Anxo cos irmáns e nai a principios dos 70

Anxo González González naceu en Trasar de Carballo, parroquia de Cartelos, concello de Carballedo (Lugo). Estes son os seus devanceiros segundo as pescudas de Don Ángel González Lamas (seu tío)

1ª XERACIÓN da Casa de Baixo

Comeza a liña con Pedro González (Baínte) (+23-VIII-1716) e Catalina Vázquez veciños do lugar de Outeiro de Buciños.

Cerca ou muro na eira e interior da Casa de Baixo na que naceu Anxo

2ª XERACIÓN da Casa de Baixo

  • 2.1.- Francisco González Vázquez (s.d.) casou en Trasar de Carballo con Benita Sotelo (de VilaguIllulfe). Este debe ser, segundo D. Angel González Lamas -tío de Anxo o cura do Incio-, o fundador da Casa de Baixo.
  • 2.2- Francisca González Vázquez (s.d.), que casou con Francisco González no Outeiro de Buciños.
  • 2.3- María González Vázquez (s.d.), que casou co Rachado de Vilar de Mulleres.
  • 2.4- Antonio González Vázquez, (s.d.) solteiro ao morrer o pai.
  • 2.5- Ana González Vázquez, (s.d.) solteira ao morrer o pai.

Fotos da Casa de Baixo

3ª XERACIÓN da Casa de Baixo

  • 3.1- Diego González Sotelo (n. 20-XI-1730).
  • 3.2- Isidoro González Sotelo (n. 23-V-1724).
  • 3.3- Ambrosio González Sotelo (n. 12-IX-1720).
  • 3.4- Mª. Antonia González Sotelo (n. 7-II-1718).
  • 3.5- José Francisco González Sotelo (n. 19-XI-1715), que casou con Mª. Antonia Álvarez, filla de Amaro López e María Álvarez . Mª. Antonia leva o apelido da nai porque había o costume de que as mulleres levasen o apelido da nai e os homes o do pai.

Anxo tiña fotocopia do Catastro do Marqués de Ensenada de 1753: na lista de Labradores ganan dos reales por dia laborable en Trasar: (Reyno de Galicia, Provina. De Lugo, Sn. Hestevan de Cartelos, Coto delmismo nm. Libro de Vecindario quecomprehende todoslos Individuos Seglares de ambos Sexos conDistencion dehedades, Estado, Oficio, Arte e Industria y deloquecadauno Utiliza poreStaRazon)

Joseph Gonzalez casado suhedad 36 años, tiene un hijo menor tres hijas, y en su compañía Lazaro Gonzalez de 66 años Casado, hun hermano mayor ciego y dos tias.

E veñen todos os seus bens. No Reyno de Galicia, Provincia de Lugo, Coto de Sn. Hestevan de Cartelos. Libro de asientos y relaciones... que comprehende todas las Casas, tierras, molinos, ganados de todas especies, pensiones, ympuestos sobre sus fincas, y Generalmente, quanto seha encontrado y Verificado existe en su Termino.

Figura unha casa con 8 varas de fondo e 6 de ancho, con alquiler regulado en 8 reás.

E como eidos:

  • - Pradiña, 3 ferrados de sembradura de 2ª
  • - Campo, 2 ferrados de sembradura de 3ª
  • - Lamela, 4 (3+1) ferrados de sembradura de 3ª
  • - Villerma, 4 ferrados de sembradura de 3ª
  • - Palleiro, 1 ferrados de sembradura de 3ª e 1 de 2ª, 1 medio e 1 cuarto de 1ª, e un cuarto de horta de 1ª (total 3 ferrados)
  • - O Rollo, 9 ferrados de sembradura de 3ª
  • - Ferradás, 6 (5+1) ferrados de sembradura de 3ª, medio de 2ª, e 1 de prado de 1ª (total 7´5 ferrados)
  • - Pereira, 1 ferrados de sembradura de 3ª
  • - O Val, 1´5 ferrados de sembradura 3ª
  • - Berea: medio ferrados de sembradura de 2ª
  • - ¿Davieira? ¿Dabeira?: 5 ferrados de sembradura de 1ª e 2ª
  • - A Lama: 4 ferrados de sembradura de 3ª

Total 44.5 Ferrados ou 8.9 fanegas.

Pero todas las partidas de este asiento son de foro y pertenece su directo dominio a Don Benito de Themes a quien se pagan anualmente 59 ferrados de centeno y una gallina o por ella dos reales de vellón. Al cura párraco de Snt. Eugenia de Asma, 2 ferrados y medio de ¿la otra especie? Por la parte que hace en otro foro

A facenda da casa era: 3 bois, 3 vacas, 2 becerros de dous anos cada un, 1 becerro de un ano, unha porca de un ano cun leitón de un mes, 3 porcos de un ano cada un, 12 ovellas.

Os pais

A nai e o avó

O pai, de militar en Ceuta

4ª XERACIÓN da Casa de Baixo

  • 4.1-Mª. Antonia González López (n. 17-IX-1741).
  • 4.2-Mª. Josefa González López (n.5-IX-1737).
  • 4.3-Carlos-Lázaro-Francisco González López (Baínte) (n. 16-IX-1744), que casou con Francisca (Diéguez) González e González, filla de Juan González e Rosa (Diéguez) González (3ª XERACIÓN), de Villarrubín, lugar de Salgueiros.

Os seus fillos son a 5ª xeración da Casa de Baixo e da Casa do Tío Bernardo

A nai presidindo unha reunión familiar

Anxo con nai, irmáns e sobriños

5ª XERACIÓN da Casa de Baixo

  • 5.1- Francisco Javier González González (n. 11-VIII-1784).
  • 5.2- Fernando Antonio González González (n. 3-V-1781).
  • 5.3- Bernardo González González (n.10-X-1779). Casou con Escolástica López fundando a casa do Tío Bernardo de Trasar de Carballo. (Que debe ser irmá da Josefa que casou con Juan, pois os nomes dos pais son iguais e de Rubiás)
  • 5.4- María González González (n. 30-III-1777).
  • 5.5- Mª. Rosa González González (n. 23-IV-1775).
  • 5.6- Manuela Antonia González González (n. 2-I- 1769). Casou na casa que hoxe se chama do Cambote de Trasar de Carballo.
  • 5.7- Josefa-Dominga-Ángela González González (n. 2-IV-1766). Casou na casa que hoxe se chama do Pataqueiro, en Trasar de Carballo.
  • 5.8- Juan González González (Baínte) (n. 16-IV-1772). Casou con Josefa López López, filla de Manuel López e Agustina López , do lugar de Rubiás -Stª. Mariña-.

1ª XERACIÓN da Casa do Tío Bernardo

-Bernardo González González (n.10-X-1779) e Escolástica López, filla de Manuel López e Agustina López , de Rubiás, Stª. Mariña tiveron estes fillos :

6ª XERACIÓN da Casa de Baixo

  • 6.1- Manuel González López (n. 7-III-1807)
  • 6.2- Estefana Escolástica González López (n. 26-III-1804).
  • 6.3- Catarina Mª. Dominga González López (n. 26-XII-1801).
  • 6.4- Juana Dominga Manuela González López (n. 23- II-1799).
  • 6.5- José González López (7-XII-1796). Casou con Francisca González, filla de Andrés González e Dominga Mosquera, veciños da Laxa -Cartelos-.

 

2ª XERACIÓN da Casa do Tío Bernardo

  • 2.1- Juan Antonio González López (n. 31-XII-1805) que casou con Rosa Fernández Salgado, filla de Andrés Fernández e Dominga Salgado, de Rubiás, Stª. Mariña
  • 2.2- Lorenzo Mª. González López (n. 5-IX-1807).
  • 2.3- Francisco Antonio González López (n. 10-VIII-1811).
  • 2.4.- Juan Benito González López (n. 25-IX-1812).
  • 2.5.- José Bernardo González López (n. 9-III-1915).
  • 2.6.- Mª. Manuela González López (15-X-1817).
  • 2.7.- Ramón González López (1-II-1820).
  • 2.8.- Benito González López (8-X-1822).
  • 2.9- Andrea Juana González López (8-VIII-1824).

7ª XERACIÓN da Casa de Baixo

  • 7.1 - Andrea Dominga González González (n. 17-IV-1831). Casou para Vilardamos. Unha filla dela Casou para a casa do Penete de Vilaguillulfe, como o faría despois Vicenta González xuntándose outra vez na 10ª xeración os descendentes de Andrea cos de Juan.
  • 7.2- Vicenta González González (n. 24-XII-1828). Casou para Burgás.
  • 7.3-Juan González González (n. 17-VI-1834). Casou con Carmen Grande Cudeiro, filla de Vicente Grande e de María Cudeiro, do Souto de Vilaquinte.

 

3ª XERACIÓN da Casa do Tío Bernardo

  • 3.1.- Manuel González Fernández (30-I-1835) que casou conDolores Tabaoada Sampaio, da casa dos Taboada de Carballizos, Laxe ; filla de José Taboada e María Sampaio.
  • 3.2- José Mª. Tomás González Fernández (n.6-III-1839)
  • 3.3- Manuela González Fernández (n. 25-IX-1842).
  • 3.4- Angel González Fernández (n. 1-III-1845).

8ª XERACIÓN da Casa de Baixo

  • 8.1- Francisca Concepción González Grande (n. 5-XII-1876).
  • 8.2- Concepción González Grande (n. 9-V-1868).Casou para Lobelle de Arriba con Fernando Vázquez Guerra.
  • 8.4- Manuel Domingo González Grande (n. 5-I-1866).
  • 8.5- José Vicente González Grande (n.16-VI-1863).
  • 8.6- Manuela González Grande (n. 13-VIII-1861). +15-II-1862.
  • 8.7- Encarnación González Grande (n. 29-VIII-1873, + 6-IX-1946). Casou con Benigno Ángel González do Pacio, (+1935) da casa do Arrieiro, de Trasar de Carballo. B. Ángel era fillo deJosé González Simón e Josefa do Pacio Fernández

Nunha comida entre o irmán e a sobriña

4ª XERACIÓN da Casa do Tío Bernardo

  • 4.1.- Elías González Taboada (n. 14-XI-1863, +4-VII-1933) que casou con Mª. Benita Lamas do Pacio (+ 1941), filla de José Mª. Lamas e Rita do Pacio, da casa dos Lamas de Carballizos, Laxe.
  • 4.2.-Andrea González Taboada (n.11-XI-1866). 8.3-Vicenta Ramona González Taboada (n.10-XII-1866).
  • 4.4.- Bernardino González Taboada (n. 25-X-1868).
  • 4.5.- Benigno González Taboada (n. 11-VII-1870, + 13-IV-1976).
  • 4.6. - Rosa González Taboada (n.4-X-1872).
  • 4.7.- Asunción González Taboada (n. 15-VI-1875).
  • 4.8. - Josefa González Taboada (n. 20-III-1878).
  • 4.9.- Mª. Estrella González Taboada (n. 29-VI-1881)

9ª XERACIÓN da Casa de Baixo e 5ª da Casa do Tío Bernardo

Nesta xeración vólvense xuntar as dúas familias:

9.- Carmen González González - filla de Encarnación e B. Ángel da Casa de Baixo- (n. 13-XII-1907, +17-V-2003) casou con José González Lamas -fillo de Elías e Mª Benita da Casa do Tío Bernardo- (n.26-IX-1898, +30-XII-1935).

No butizo do Paulo

Na comuñón da Helena

Na voda do Anxo e a Vitoria

 

10ª XERACIÓN

  • 10.1.- Juan González González , casou con Pilar Guerra Otero do Barrio de Pradeda e foi o herdeiro da Casa de Baixo
  • 10.2.- José González González , cura da Cervela e varias parroquias de Madrid
  • 10.3.- Vicenta González González, casou con Francisco González García, herdeiro da casa do Penete de Vilaguellulfe, Cartelos
  • 10.4.- Manuel González González, casou con Lina Simón Caseiro da casa do Reigallo de Sillán, Requeixo, e foi o herdeiro da Casa do Tío Bernardo
  • 10.5.- Ángel González González, cura de Quindous, Ferreiros e O Incio

Coa Pilar e dous sobriños no Hospital

Coa nai e familiares en Trasar

Cun acio de uvas na vendima dos 60

11ª XERACIÓN: Os 13 sobriños de Anxo, varios deles integrados na SCG Os Parentes

Á casa do Tío Bernardo, a casa do pai de Anxo, era chamada por moitos Casa dos curas polos moitos que houbo:

1.- O Primeiro da saga: Don Ángel González Fernández. Para ver a súa historia nun xornal catalán

2.- A 2ª xeración: o sobriño de Don Ángel: Don Benigno González Taboada

3.- A 3º xeración: o sobriño de Don Benigno: Don Bernardino González Lamas

4.- A 3º xeración: o sobriño de Don Benigno e irmán de don Bernardino: Don Ángel Juan González Lamas

5.- A 3º xeración: o sobriño de Don Benigno e curmán de don Bernardino e don Ángel Juan: Don José María Vázquez González

6.- A 4ª xeración: o sobriño de Don Bernardino e don Ángel Juan: Don José González González (finado en xullo de 2012, rematando así a lista de curas da familia)

7.- a 4ª xeración: Don Ángel, irmán de don José

Na que sería a 5ª xeración de cregos na familia González houbo 10 varóns, dos que 7 ingresaron no Seminario de Lugo e un nos Maristas, mais ningún acabou a carreira. Da seguinte xeración tampouco hai polo de agora candidatos. Rompeuse o elo das vocacións na casa dos curas.

Ángel González Fernández

Benigno González Taboada

Ángel González Lamas

Bernardino González Lamas

O seu irmán José de seminarista e logo na festa de San Roque na Cervela

Historia da familia
ogalego@galicia.com